Sobre mi

Benvid@S!

Para quen non me coñeza, son O Reberete, artesán-luthier de instrumentos musicais tradicionais galegos.

Levo 12 anos desempeñando a miña labor, transformando a madeira en instrumentos de vento e percusión.

Foi un proceso de investigación e creación no que procurei desenvolver unha personalidade nos instrumentos así como un son propio.

No proceso de transformación o lugar de traballo cobrou dende o principio unha gran importancia, non só dende o punto de vista profesional, senon tamén porque para min é un lugar de evasión onde perdo a noción do tempo.

A miña aventura comezou no taller dun veciño arrranxando a miña vella gaita. Despois dun ano traballando neste taller, formeime na universidade popular de Vigo (EMAO) e no obradoiro de instrumentos populares en Ourense. O seguinte paso foi montar o meu propio taller na vella palleira da miña avoa, nun entorno rural có que estou comprometido. Alí, ós poucos, fun construindo o meu lugar mentres investigaba e creaba formas e sons para os meus instrumentos; que considero acadaron un carácter persoal que os indentifica.

Na actualidade formo parte da Asociación de Gaiteiros Galegos e os meus instrumentos contan co selo de Artesanía de Galicia, participando na rede galega de festivais e mostras de artesanía.

Info

http://www.oreberete.com/
https://www.facebook.com/reberete
https://www.facebook.com/oreberete/
https://www.instagram.com/o_reberete/
https://www.youtube.com/o_reberete/

Contacto

E-mail: reberete@gmail.com
Phone: (+34)691026745